España, a esperanza de Europa

Manuel Lago
Manuel Lago AO FÍO

OPINIÓN

Xoán A. Soler

24 jul 2023 . Actualizado a las 01:20 h.

A cidadanía española foi quen de parar a onda de extrema dereita que avanzaba por Europa. É un resultado extraordinario, que pon en valor a resposta cívica fronte á barbarie. O Goberno de coalición de esquerda mostrou cal é a forma de impedir que os ultras cheguen aos gobernos: facer políticas públicas en favor das maiorías sociais.

Unha lección de valentía cívica que envía unha mensaxe poderosa a Europa: é posible parar a ultradereita se se goberna con decisión, con políticas públicas que melloran a vida da xente, facendo política útil que dea seguridade e protección á cidadanía, en especial ás persoas que máis o necesitan.

Agora hai que ir a moito máis. O próximo goberno de coalición ten que levar adiante unha axenda progresista poderosa, que amplíe dereitos e mellore o benestar da cidadanía.

Un novo goberno de coalición no que Sumar, con Yolanda Díaz á cabeza, debe ser a forza que permita que se avance máis lonxe e máis rápido na necesaria transformación do país. Con máis benestar, con máis dereitos, con máis democracia.

Un resultado moi positivo tamén para Sumar Galicia, que contribúe con dúas deputadas á maioría progresista e que abre o camiño para un cambio político en Galicia.