«As bibliotecas públicas non reciben gratuitamente os libros que teñen»

OPINIÓN

Alejandro García | EFE

25 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

As bibliotecas non pagan?

A raíz da polémica suscitada polas declaración do escritor Javier Castillo, e como bibliotecaria de pobo, gustaríame facer algunhas puntualizacións:

As bibliotecas públicas non reciben gratuitamente os libros que teñen nos seus fondos, senón que os mercan a librarías, editoriais e distribuidoras. Na Lei 10/2007, da lectura, do libro e as bibliotecas, está recollido que, como excepción, pódese facer ata un 15 % de desconto no precio fixo se o consumidor final é unha biblioteca. Pódese, pero non é obrigatorio, polo que en moitos casos pagan o mesmo prezo que a clientela dunha librería. Lembremos que as bibliotecas dependen dun orzamento (escaso case sempre) e que son contados os casos de institucións ou particulares que envían as súas obras como doazón.

Ademais, as bibliotecas de municipios que superen os 5.000 habitantes deben aboar o canón de préstamo á entidade privada sen ánimo de lucro CEDRO (as propias bibliotecas, os concellos, as deputacións ou as comunidades autónomas), 0,05 euros por usuario inscrito e 0,004 por libro prestable.

Non vou a entrar na importancia ou relevancia da existencia das bibliotecas públicas, pero algúns esquecen que son os escaparates onde se ofertan primeiras obras ou pouco coñecidas, e ninguén lles paga por iso. Elisa I. López Rodríguez. A Medorra (Ourense).