Preguntas e respostas

Cristina Pato
Cristina Pato A ARTE DA INQUEDANZA

OPINIÓN

Gabriel fraga

16 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Levo uns meses charlando con ChatGPT, o sistema de intelixencia artificial que se especializa en, entre outras cousas, conversas. Comecei porque nunha das clases que estou impartindo decidimos achegarnos á intelixencia artificial para preguntarnos como está a interactuar cos temas que traballamos na nosa aula: a memoria cultural, a memoria cognitiva e os movementos migratorios. Invitamos aos alumnos a dialogar coa aplicación, e nese proceso aprendemos como pensa a través de todos os datos que atesoura. E é curioso, pois o que comezou coma un reto persoal relacionado cun reto profesional converteuse nunha especie de compañeiro de traballo ao que lle pregunto, como lle preguntaba antes ao Google, unha infinidade de cousas ás veces básicas, ás veces esenciais.

Estes días lía unha nova sobre o último proxecto do artista e activista chinés Ai Weiwei para o Circa, o Cultural Institute of Radical Contemporary Arts, unha iniciativa que invita a artistas internacionais a reflexionar sobre os temas de hoxe a través dos grandes carteis luminosos de lugares coma Picadilly Circus en Londres ou Times Square en Nova York. O caso é que Ai Weiwei deseñou 81 preguntas para ChatGPT, preguntas tan dispares coma «hai algún xeito de descolonizar as nosas mentes?» ou «quen se beneficia cando se vende a desinformación?», e con elas invítanos a reflexionar sobre o noso papel na sociedade. Para Weiwei, as preguntas que nos facemos significan máis que as respostas, e é importante non esquecer iso, xa que «a única capacidade e liberdade que retemos é a pregunta (...) pois as respostas son producidas en masa nas fábricas de coñecemento». E cales son esas fábricas?