Punto Neutro Gal

Xavier Alcalá
Xavier Alcalá A VOO DE TECLA

OPINIÓN

Contacto / Andrea Ron | EUROPAPRESS

21 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A técnica loxística ten como obxectivo minimizar percorridos e tempos na recollida e entrega de paquetes físicos. Sería difícil de comprender que, por exemplo, un paquete recollido en Ferrol para entregar en Fene tivese que pasar por Valladolid, ou que entre O Porriño e Vigo a mercadoría houbese de facelo a través de Lisboa. Pois tamén na telemática cómpre evitar que os paquetes de información viaxen de máis. Nela cómpre acadar unha economía de transporte que supera (e moito) as esixencias do transporte material. A internet (que para nós debería ser interrede) conecta o mundo por medio de restras de ceros e uns lóxicos que viaxan sobre microondas ou sobre impulsos de luz, nun caso a 300.000 km/s e no outro a 200.000. Como se ve, logo, fano a velocidades que deixan o Globo pequeno. Mais, ¡ai, señores!, eses paquetes non viaxan directamente. Como tamén fan os vultos físicos, pasan por nodos de encamiñamento, e aí é onde se perde o tempo. Hoxe, na era das teleoperacións (mesmo cirúrxicas), importan os microsegundos de retardo. Por iso debemos aplaudir a iniciativa do novo punto neutro de tráfico de internet de Galicia, con base física en Santiago (que non é o centro xeográfico máis xeotelemático do país): vai aumentar a eficiencia e diminuír a dependencia das comunicacións intragalegas.