Ata a ministra en ascensor

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

La ministra de Educación Pilar alegría durante la rueda de prensa en la que el Gobierno ha anunciado la nueva EBAU.
La ministra de Educación Pilar alegría durante la rueda de prensa en la que el Gobierno ha anunciado la nueva EBAU. Daniel Gonzalez | EFE

15 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Os avós da miña xeración adoitaban darlle moita importancia á escola. «Vai, e aprende moito», dicíannos do mesmo xeito que daban as boas noites. Era do mellor que nos podían desexar. Un día pregunteille ao meu se fora á escola, se alí aprendera a ler nas partituras, que me contase.

Así descubrín que era zurdo, pero convertérase en ambidextro por esa teima de sinalar os xergos. Os seus tempos de escolar nada se parecían aos das miñas fillas. Os colexios están cheos de debuxos, murais, carteis, cores... A escola é un lugar amable. Pero as decoracións non poden relegar nunca o básico: calefacción, ventás herméticas ou a ausencia de barreiras arquitectónicas.

No meu penúltimo curso de bacharelato, a auga entraba polas ventás de corredoira a cachón. Faciamos barquiños de papel e mirabamos como caían polas fervenzas. O último curso xa o pasamos nun centro do trinque.

A forza dunha nai para sacar adiante os fillos é inesgotable. Pero iso non xustifica que María Jesús teña que cargar con Arturo ás costas para subilo á aula porque el non pode facelo e o ascensor está avariado. Non é a primeira vez que dá problemas. E a pelota foi pasando do centro ao Concello, deste ao conselleiro de educación... E foise facendo bóla ata que a mesma ministra urxe unha solución. A 11 de setembro, co curso xa en marcha, uns falaban de trasladar o neno á planta baixa do centro e o Concello aseguraba amañalo en cuestión de días.

Agora, que xa saíu en todos os medios de comunicación, en todas as canles televisivas e non queda ninguén sen saber que o colexio Voramar é de Alacante.

E se non facemos ruído, que?