
A RAE dá como definición de silencio «falta de ruído». Iso é algo difícil de conseguir no mundo actual. Aínda que vivas só e non acendas radio nin televisión, oirás os ruídos dos veciños, as súas músicas, as súas carreiras pola casa, o arrastrar de mobles. E hai que engadir os ruídos da rúa: os do tráfico, os bocinazos de coches, choques, insultos dos condutores que se culpan mutuamente do sucedido. E ruído de taladradoras, en Madrid é algo cotiáns: fan buracos, meten e sacan cables e grandes tubos. A intención é crear sistemas urbanos de drenaxe sostible, unha especie de jardinciños de biorretención que reteñan os contaminantes arrastrados pola auga de choiva. Pero eses pequenos xardíns énchense de follas secas, de papeis e de toda clase de residuos, que os asemella máis a un vertedoiro que a un xardín.
Os silencios son moi importantes na música, e tamén en calquera discurso; as pequenas pausas dun segundo serven para marcar o ritmo e tamén para salientar algunhas frases. Isto é algo que parecen ignorar os reporteiros que se encargan de acudir aos lugares onde ocorre algo. Falan coma se faltáselles tempo para informar: a toda velocidade e sen separar os cambios de tema coa máis leve pausa. O resultado é que parece que memorizaron un texto do que non entenden o significado porque o recitan sorrindo, aínda que se trate de noticias terribles. Supoño que para eles o importante é que o soltaron no tempo que lles concede a cadea.
Mesmo nunha conversación íntima ou amigable os silencios son fundamentais. Esas pequenas pausas son as que nos permiten mirarse aos ollos, facer unha caricia, gozar serenamente do pracer de falar cunha persoa querida.