«Vivienda: la demonización del alquiler vacacional no parece el camino adecuado»

OPINIÓN

Álvaro Cabrera | EFE

15 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Alquiler vacacional, ese gran enemigo

Soy propietaria de un pequeño apartamento comprado con mis ahorros de trabajadora. Durante el curso escolar lo alquilo a un profesor que no está interesado en un alquiler todo el año. Durante el verano lo dedico a alquiler vacacional a familias que se quieren alojar en una vivienda durante su estancia, más cómoda y a precios más razonables que una habitación de hotel. Todo con las correspondientes autorizaciones y registros, cumpliendo con la legalidad vigente.

Últimamente vivimos una auténtica persecución al alquiler vacacional o turístico. Desde las administraciones locales, obligándonos a pagar carísimos estudios arquitectónicos excediendo sus competencias asignadas y pretendiendo limitar hasta el absurdo el alquiler por temporada; hasta el Gobierno central, que pretende gravar con más impuestos este tipo de alquiler.

Es necesario garantizar y facilitar el acceso a la vivienda, pero este intervencionismo y demonización del alquiler vacacional no parece el camino adecuado. M. F.

A racionalidade da diversidade

A busca da pureza marcou a historia, desde a mitoloxía clásica ata os réximes totalitarios. Este ideal, xa sexa moral, social ou racial, foi unha ferramenta para impoñer xerarquías e xustificar atrocidades. A aristocracia, por exemplo, defendía a pureza de sangue, negándose a mesturarse coa plebe. Movementos como o nazismo levaron esta obsesión a extremos xenocidas, mentres que o marxismo adoptou dogmas que tamén perpetuaron a exclusión e a violencia.

Nas sociedades modernas, a tentación da pureza persiste baixo novos disfraces. O racismo do século XIX pretendía basearse na ciencia para clasificar aos seres humanos. Hoxe, as democracias enfrontan desafíos similares, como os nacionalismos e o fenómeno woke, que buscan impor novas formas de moralidade excluínte. Neste contexto, a diversidade, en lugar de ser unha ameaza, é a esencia das sociedades democráticas. A pureza, en calquera forma, é unha ilusión perigosa. Xián Antón Lorenzo Rodríguez. Ribadavia.

Laxe no fango e o BNG enfangado

Escribo este texto como concelleiro electo de Unidas Podemos en Laxe. O grupo de Goberno do PP no Concello presentou un documento en forma de moción que alerta sobre o aumento da criminalidade no Estado, en Galicia e, particularmente, na Coruña. Documento sen ningún rigor do grupo provincial do PP culpabilizando ao Goberno do Estado de todos os males habidos e por haber, empregando supostos falaces e estatísticas cociñadas ao seu gusto.

Nel culpabilizan ás leis dos diferentes gobernos progresistas do Estado, aprobadas cun amplo respaldo no Congreso, como a do «só si é si» ou a lei de amnistía, do aumento da cibercriminalidade, da subtracción de vehículos, de roubos con violencia e furtos. Isto lévanos ás políticas do fango, da mentira, da desinformación, pintando un cadro catastrofista da situación da seguridade cidadá na Coruña.

Todo isto o din para xustificar a necesidade de manter os diferentes recursos do corpo de Garda Civil, concretamente no rural galego, e engaden que ademais este corpo é un elemento clave para evitar o despoboamento do noso agro.

Nós preguntámoslle ao Goberno do PP local se o Concello non ten competencias para levar a cabo medidas que faciliten o asentamento de poboación en Laxe, como pór en funcionamento o punto de atención á infancia, apostar firmemente para por en marcha o parque empresarial; ou iniciativas para mellorar a seguridade cidadá, como reforzar como é debido a policía local. Ou disto tamén son responsábeis os independentismos, as feministas e os movementos Stop desafiuzamentos?

O sorprendente de todo isto xorde á hora de votar esta moción no pleno, polo voto favorable do BNG de Laxe. Considerado como partido progresista, nacionalista e de esquerdas, que no Congreso dos Deputados votou a favor da lei do «só si é si» e da lei de amnistía, entendemos que o BNG de Laxe, con este voto favorable, está a facer unha enmenda á totalidade en xeral ás políticas do BNG, e particularmente as desenvolvidas en Madrid. Fernando Del Moral Regaldie. Laxe.