Ourense lembrou ó seu cronista oficial

REDACCIÓN OURENSE

OURENSE

PILI PROL

HOMENAJE Cabezas anunciou a publicación dos seis volumes dun traballo inédito de Cid Rumbao sobre a historia da cidade A cidade de Ourense rendiu homenaxe onte ó que durante máis de vinte anos exerceu como cronista oficial da mesma. Os actos que lembraron a memoria de Alfredo Cid Rumbao, do que se cumpría onte o primeiro cabodano do seu pasamento, comezaron no salón de actos do Concello de Ourense, donde se fixo efectiva a entrega á súa viúva -Manolita González- do título de «fillo adoptivo» da cidade -acordo acadado por unanimidade da corporación municipal o 3 de novembro do pasado ano-.

07 mar 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

Logo da entrega do título de «fillo adoptivo» celebrouse, en Santa Eufemia do Centro, unha misa en memoria de Cid Rumbao. Rematado o oficio relixioso a comitiva trasladouse ó cemiterio de Santa Mariña, donde houbo unha ofrenda floral na sepultura do homenaxeado. Os actos remataron co descubrimento dunha praca na casa donde viviu, e finou, Alfredo Cid -en Pena Corneira, 4-. No acto que se celebrou no Concello de Ourense -ó que asistiron os concelleiros, o vicepresidente da Deputación, Rogelio Martínez, e o copresidente de Caixanova, Manuel Bermúdez- Manuel Cabezas recoñeceu que o nomeamento de fillo adoptivo e a homenaxe á Cid Rumbao era un sentir unánime da cidade, ó tempo que lembrou «a calidade humana e o traballo desinteresado do homenaxeado». No título de fillo adoptivo recoñecese «a calidade humana e o traballo de investigación a prol do coñemento histórico da cidade». O alcalde tamén anunciou, e reafirmou no acto de descubrimento da praca na casa de Alfredo Cid, que o Concello é depositario dun amplo traballo de investigación «recollido en seis volúmes sobre a historia de Ourense» e fixo público o seu compromiso para coa publicación desta obra.