«Gústanme as vangardas»

OURENSE

PILI PROL

José Lorenzo «Macías», pintor que expón a súa obra no Simeón O Simeón amosa ata o vindeiro día 28 a exposición O mundo de Macías . É a terceira vez que o pintor pontevedrés trae o seu traballo á cidade, donde está suscitando un grande interese.

20 sep 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Caprichos do destino: o pasado ano estivo expoñendo nunha galería a 150 metros das desaparecidas torres de New York. -Na presentación da mostra sinalaba vostede que chegara tarde á pintura. -Ata o 93 viña pintando algunha cousa porque sempre tivera afición pola pintura, aínda que foi nesa data cando apostei a fondo pola arte. Ata entón traballaba na arquitectura de interiores e no deseño. -Vostede confésase admirador dos grandes mestres holandeses e do expresionismo americano. -No traballo que fas sempre acabas amosando as túas influencias. Laxeiro, Colmeiro, Goya ou Picasso son tamén puntos de referencia. A miña é unha obra a cabalo entre os renovadores galegos -Laxeiro e Colmeiro fundamentalmente- e a pintura de agora. A miña estancia en Estados Unidos tamén ten unha influencia decisiva na miña obra. Gustáronme de maneira especial as vangardas. -¿Cales son as claves de «O mundo de Macías»?. -A cor e o volume son os elementos que caracterizan o meu traballo, aspecto este que se pode corroborar na mostra. A música -e os músicos- e a muller son outras presencias recurrentes. -E a presencia de Ourense na mesma. -Ourense é unha cidade á que me sinto moi vencellado. É a terceira vez que expoño aquí e, neste caso, nun espacio como este do Centro Cultural Simeón que é espectacular. As Burgas son algo que me cautivaron sempre e por eso figuran no meu traballo.