O Outono Fotográfico incluirá mostras de Sebastiâo Salgado e Ramón Dimas

OURENSE

SEBASTIÂO SALGADO

A exposición «25 años después. Memoria de la transición» tamén se poderá ver en Ourense O Outono Fotográfico contará este ano con mostras dos máis prestixiosos autores españois e internacionais gracias á implicación da obra social das máis importantes entidades financieiras do Estado. En Ourense poderán verse proxectos como o «Éxodos», de Sebastiâo Salgado; ou a mostra «25 años después. Memoria de la transición», na que participan os máis afamados fotoxornalistas da transición española. A recuperación da obra de Ramón Dimas é outro dos proxectos confirmados.

20 oct 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

A dazanove edición do Outono Fotográfico abrirá as súas portas o día 30 de octubro. O Outono Fotográfico 2001 incluirá 51 exposicións e chegará a 17 vilas e cidades galegas. A Fundación La Caixa, Caja Madrid, Caixanova e a Fundación Caixa Galicia participan neste proxecto con exposicións e mostras dos máis prestixiosos fotógrafos internacionais. «Éxodos» en catro cidades Un dos proxectos estrela do Outono Fotográfico será a exposición Éxodos, de Sebastiâo Salgado. En total a mostra organizada por Caixanova inclúe 500 imaxes deste proxecto desenvolvido por Sebastiâo Salgado durante varios anos por todo o mundo para amosar as migracións e os movimentos poboacionais. A mostra inaugurarase simultaneamente en catro cidades galegas: Ourense, Vigo, Compostela -nesta cidade en dúas salas- e Pontevedra. No Outono tamén se poderán ver outros proxectos que constitúen xa un referente dentro da historia da fotografía no Estado. Tal é o caso de 25 años después. Memoria de la transición, unha iniciativa na que participaron os máis prestixiosos fotoxornalistas e que recolle momentos históricos de primeira magnitude ou figuras e intelectuais xa desaparecidos. Outra das entidades que participará no Outono é Caja Madrid, que traerá a Ourense a súa mostra sobre o traballo de vinte fotógrafos madrileños. A Fundación La Caixa, pola súa banda, traerá unha antolóxica do sueco Christer Strömholm. Esta mostra xa se expuxo en Palma de Mallora e, tras pasar por Ourense, logo irá a Málaga e Murcia. O Centro Galego das Artes da Imaxe, o CGAI, participará no Outono coa exposición que rescatou o traballo do fotógrafo Ramón Dimas.