Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O Liceo recupera os encontros con escritores ourensáns

la voz | ourense

OURENSE

Retoma a actividade desenvolvida polo Clube Alexandre Bóveda Vinte autores participarán na que é a quinta edición deste certame

01 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? literatura ourensá será a protagonista o próximo sábado no Liceo, que recupera os encontros con escritores da provincia organizados durante a década dos noventa pola Fundación Alexandre Bóveda. ?Preto de vinte autores ourensáns analizarán a situación da narrativa en Galicia e a importancia da literatura. Alfredo Conde, Antón Riveiro Coello e Ramón Caride Ogando serán os encargados de abrir o debate. Trala súa intervención tomarán a palabra Camilo Franco, Xosé Carlos Caneiro e Xosé Francisco Fernández Naval. ?Para a unha e media da tarde está prevista a presentación do libro A esmeralda branca, de Manuel Vilanova, editado por Follas Novas. Pola tarde, a partir das catro e media, celebrarase un café-faladoiro literario no que están invitados a participar todos os ourensáns. Será da man de Xesús Alonso Montero e versará sobre a figura do poeta Antón Tovar. Unha mesa redonda sobre o papel do idioma na normalización cultural e un recital musical de Anxo Rei, ás sete e cuarto, pecharán a quinta edición destes encontros promovidos pola sección de literatura do Liceo de Ourense.