Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A tenda de barrio de toda a vida

OURENSE

José Manuel e María del Carmen comparten o negocio de ultramarinos e carnicería, Carnes Marabú, na zona de A Carballeira cos seus tres fillos

03 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Hai institucións que non figuran en ningún listado oficial nin en aparatosos volumes de carácter legal, mais que teñen a consideración dos cidadáns, dos veciños que as fixeron lugares de referencia para o seu barrio e para a súa vida diaria. E a tenda do barrio é, por unha lei non escrita, un paraíso en si mesmo no que se mesturan o establecemento donde facer a compra diaria, a táboa de salvación á que acudir cando nos quedamos sen iso que, precisamente agora que me fai falta non o teño, ou donde coñecer as novas do barrio. De todo iso saben, e moito, na tenda da familia Villanueva Fernández en A Carballeira, un mundo en si mesmo no que conviven e traballan o matrimonio formado por José Manuel e María del Carmen e os seus fillos Juan Carlos, María Jesús e Olaya. O establecemento conta con ultramarinos e carnicería, sendo Carnes Marabú toda unha referencia de calidade e de prestixio recoñecido a base de moitos anos de traballo serio e de aposta polas mellores carnes, o que ten convertido á familia Villanueva Fernández en proveedor de moitos negocios de hostalería, sanitarios e de outros sectores.

O cerne desta empresa familiar non é outro que María del Carmen Fernández Prado, que antes de abrir a súa tenda de ultramarinos en 1971 xa loitou, e moito, traballando como ambulante e percorrendo as feiras. A nai, con 38 anos de experiencia no negocio, recoñece que «os tempos mudaron moito nestes anos» e que tamén se deixa notar a competencia que fan as grandes cadeas de alimentación; a clientela mantén unha estreita relación coa súa tenda e carnicería de confianza «pero é certo que non é coma antes e hoxendía a xente cambia moito pola oferta que hai». Para xunto ela foi José Manuel Villanueva Fernández logo de traballar na construción e en 1984 abrían a carnicería que se ten convertido nun dos motores desta empresa familiar. O pai lembra que o segredo é sinxelo: «moitas horas de traballo e ofrecer sempre as mellores carne e as de máis calidade», ao tempo que recoñece que é un negocio que ata moito.

Aberta todos os días

Pouco a pouco foron incorporándose ao negocio familiar os seus fillos. Juan Carlos, Marabú, é un veterano coñecido pola súa afección aos motores e pola súa participación en probas automovilísticas. Forma un equipo perfecto que funciona a pleno rendemento con seu pai: el é o encargado de meterse quilómetros entre os peito e as costas para acudir aos mercados e a mercar gando por toda Galicia para contar coas carnes de maior calidade: miles de quilometros e unhas cantas toneladas de carne servidas aos seus clientes ao longo do mes dan conta do seu traballo. Marabú, recoñece que este tipo de traballo «é moi duro», aínda que os cinco miran para o seu fillo Bruno, de nove meses e que está na tenda, e vaticinan que será unha nova xeración no negocio familiar.

María Jesús, Susi, é, xunto coa súa irmá Olaya, a continuadora da saga familiar que representa súa nai e leva doce anos na empresa familiar. Susi lembra que «o forte do negocio é a carne, de feito Carnes Marabú representa o 70% da actividade que temos, e xa contamos cunha clientela fixa dende hai anos aos que abastecemos e cos que xa tes unha estreita relación». Os Villanueva Fernández abren todos os días, domingos e festivos pola mañán, e iso converteos no lugar axeitado para mercar produtos frescos ou aquilo que sempre fai falta.