Os calendarios ao longo dos tempos ofrecéronnos un amplo abano de mensaxes. Antiquísimos coñecementos astrolóxicos, consellos médicos, doutrinas relixiosas alem de ilustracións, converténdose nunha avaliada alternancia as enciclopedias.Na lembranza do cronista as láminas que proporcionaba a Unión de Explosivos, ou aquel máis recente do emblemático café Lavazza, mostrando unha imaxe de Annie Leibovitz, máis o que hoxe queremos traer a esta páxina é o creado por Xosé Luís Rodríguez Ureña, equivalente a motor da Castelao, institución académica que durante os últimos cinco lustros, ven formando persoal ao servizo da Administración de Xustiza na cidade das Burgas, centro que en 1995 se situou no cume de aprobados en España.Si señor, 2010 !en galego!. Slogan do almanaque no que alem das onomásticas aparecen as datas de nacemento ou pasamento de personaxes ilustres e un calidoscopio de acontecementos que arrancan no 4 de xaneiro, tal data en 1882 sae a luz o primeiro número da Voz de Galicia, rematando no 29 de decembro, na altura de 1995 coando se constitúe a Fundación Rosalía de Castro, pasando por aqueles feitos históricos ou persoeiros ilustres que naceron ou morreron na Galicia, igual aqueles outros que fixeron patria co seu tributo en maior ou menor medida, sobresaíndo noutros eidos. Rodríguez Ureña dende Piñor de Cea, mantivo o longo dos anos unha actitude política e loita co galeguismo, mostrando o seu apoio a fala e os sons da terra nai. Segue na teima. O calendario con que nos agasalla está documentado na lingua de Otero Pedraio da que non andan sobrados algúns. Ben merecido ten o lugar no seu propio almanaque, 21 de xuño. En 1941 chegou o Reino para máis tarde compartir a ensinanza coa defensa dos valores e do verbo dos galegos contribuíndo a mantelos vivos.