«Nas vacacións sempre escollo a costa galega na zona da Lanzada»

David R. Seoane OURENSE/LA VOZ.

OURENSE

24 ago 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Cando chegan os tan agardados días de verán o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, busca sempre a tranquilidade e o descanso en familia. «Despois dun tempiño, de paseos polo monte e pola praia chego a casa coma se fose un home novo», explica.

Se cadra é por esta razón, pola necesidade de atopar un lugar onde exista un entorno natural no que haxa unha boa oferta de praia e montaña, pola que o alcalde verinés leva, mais ou menos, quince anos pasando o seu tempo de lecer no mesmo punto das Rías Baixas. «Nas vacacións sempre escollo a costa galega na zona da Lanzada. É un lugar no que non hai moito ruido nin demasiado folclore polo que é máis doado desconectar», afirma un Jiménez que de tódolos xeitos non deixa de estar moi preto da súa localidade xa que nestes días de agosto son moitas as citas e as celebracións nas que quere estar presente, acompañando aos seus veciños. «Ando de un lado para o outro xa que tiven que voltar a Verín para estar na presentación da Feira do Viño de Monterrei e tamén nas festas patronais», concluye el regidor.