Sete dos músicos que participarán no certame tocaron ao longo da súa vida con Paco de Lucía
09 abr 2014 . Actualizado a las 21:17 h.Ourense acollerá nas vindeiras semanas, entre o 23 de abril e o 24 de maio, una nova edición do Festival de Jazz de Primavera. A oferta do certame foi presentada hoxe por Eduardo Rodríguez, promotor do festival e propietario do Café Latino, Marcos Álvarez, da Fundación Florencio Álvarez, e o alcalde e a concelleira de Cultura de Ourense, Agustín Fernández e Ana Garrido. O certame abrirá o 23 de abril co concerto do Renee Rosnes Quartet e pecharase coa actuación do Chano Domínguez Trío, o 24 de maio. O festival terá este ano, segundo sinalou Eduardo Rodríguez, unha aposta clara polo flamenco-jazz ao contar coa presenza de sete músicos que tocaron, ao longo da súa carreira, con Paco de Lucía. Como en edicións anteriores tamén haberá unha clara aposta pola faceta docente, cos concertos didácticos para escolares.