
Potenciar servizos públicos, dinamizar o rural e atallar a emigración son accións preferentes para a candidata
03 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.Na presentación dos integrantes das listas de Nós-Candidatura Galega ao Congreso e ao Senado Noa Presas (Ourense, 1987), número un para a cámara dos deputados, fixo bandeira do traballo do BNG en Madrid. Para a nacionalista as cuestións que lle preocupan a Galicia e a Ourense só tiveron presenza no Estado grazas ao traballo desenvolvido polas deputadas do Bloque e manter esa representación, e mesmo ampliala, é na súa opinión o que vai garantir que ese esforzo teña continuidade será que a opción onde se integra o BNG manteña a representación estatal.
?¿Como leva o de ter que concurrir sen as siglas do BNG?
?Ben. Estamos a desenvolver a campaña con moita forza. É un traballo complicado definir unha nova sigla pero estamos facendo moitos pequenos actos para socializar a marca e dala a coñecer.
?¿Non chegar a unha candidatura unitaria vai ser perxudical?
?Nós somos a única alternativa 100 % galega que pode garantir os intereses de Galiza e de Ourense en Madrid. Daquela entendemos que o voto nacionalista ten en nós a súa representación. É unha mágoa que non se conseguise unha unidade máis ampla pero que se sentasen a dialogar as forzas de esquerdas é algo positivo e confiamos en que no futuro se podan acadar acordos para facer cousas en común.
?A xente da súa xeración ten que emigrar e a despoboación é endémica. ¿Cal é a solución?
?A nosa aposta é pola maiorías sociais. O noso obxectivo é a recuperación dos servizos públicos, empregar o investimento da administración como motor da economía e defender as potencialidades peculiares que ten a provincia, dende o rural a diferentes sectores. Prantexaremos medidas concretas para a mocidade, para o emprego e para reclamar para Galiza outro modelo de financiamento que nos permita xestionar os nosos orzamentos en base ás peculiaridades galegas.
?¿Hai alternativa para que os mozos non emigren?
?Ten que habela, e cremos que se pode conseguir.
?Estamos na zona de sombra de todas as estatísticas.
?Ocupamos a cola en todo en Galicia e no Estado. Temos que conseguir que as administracións lideren a recuperación investindo en I+D+i, na creación de emprego de calidade no rural para evitar a emigración e noutras medidas de choque para aproveitar os nosos recursos. Hai exemplos, como Allariz ou Castrelo de Miño, que amosan que o rural desta provincia ten futuro.
?¿Cre, como as forzas maioritarias, que o AVE nos vai redimir?
?Un claro exemplo de que PP e PSOE non souberon defender os intereses da provincia. O AVE non vai dar resposta ás nosas necesidades e os modelos que se necesitan son outros, como o transporte de cercanías. ¿De que lle vale á xente do Irixo ou do Carballiño, por exemplo?
?¿A Xunta anuncia medidas de axuda para o rural e para fomentar a natalidade?
?O cheque bebé e todas esas medidas electoralistas que vén de anunciar Feijoo non valen para nada. Precísase un compromiso para crear emprego de calidade no rural e condicións que garanten uns servizos dos que se carece na actualidade. Iso é o que evitará o despoboamento e a emigración, e non promesas antes das eleccións.
?¿Que acción propón Nós-Candidatura Galega?
?No caso do rural, ademais do apuntado antes en relación con investimento nos servizos públicos para crear emprego, nós defendemos unha tarifa eléctrica galega ?modelo que xa funciona en Euskadi? e iso suporía un aforro dun 30 %, o que para os autónomos e pequenas empresas permitiría melloras e creación de emprego. Tamén habería que revisar a fiscalidade dos montes comunais ou xestionar as PAC directamente dende aquí.