
Afundación acolle a mostra co traballo dos creadores de Galicia na súa etapa na diáspora
11 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.A sala de exposicións de Afundación na Praza Maior de Ourense acolle dende onte, e ata o vindeiro 12 de xuño, unha mostra que fai un percorrido polo traballo desenvolvido polos máis prestixiosos artistas galegos mentras estaban na emigración. O proxecto foi comisariado por Carlos L. Bernárdez e as pezas que compoñen a exposición proceden das coleccións de Abanca e Afundación -legados que foron declarados recentemente pola Xunta como Bens de Interese Cultural (BIC)-. O presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, a delegada da Xunta na provincia, Marisol Mouteira, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participaron no acto de apertura da mostra.
Miguel Ángel Escotet lembrou que a emigración é un feito consustancial que definiu a Galicia e aos galegos, e que tamén deixou unha pegada especial na creación artística. Salientou a temática e as obras escollidas por Bernárdez e lembrou que as pezas forman parte dunhas coleccións que son xa un legado para Galicia. Román Rodríguez incidiu «na pegada que a emigración deixou na nosa cultura» e o feito de contribuir a espallar «Galicia polo mundo». Vázquez Abad calificou o proxecto como «unha magnífica escolma dun grande valor artístico». «A fronteira infinda» inclúe obras de, entre outros, Catelao, Maruja Mallo, Laxeiro, Colmeiro, Díaz Pardo, Seoane ou Nóvoa.