AAínda que neste espazo sempre falo de Ourense, do Ourense terrenal, no artigo de hoxe quérome lembrar, dun amigo, dun compañeiro, dun estradense, dun pontevedrés, dunha peza fundamental e importante que nos deixou para velar por todos nos dende aí arriba, de Pablo Carollo Ramos.
Pablo, era o meu homólogo pontevedrés, presidente provincial de Novas Xeracións de Pontevedra, era nativo da Estrada e deixounos con 30 anos.
Moitos de nós recibíamos unha chamada que nos daba a peor das noticias, un mozo de 30 anos, compañeiro de partido e amigo, deixábanos, Pablo era un loitador, fiel e honrado aos seus compañeiros e afiliados, ao igual que cos seus compañeiros da Xunta directiva autonómica e do Comité de Dirección autonómico, Pablo sempre estaba con boa cara e cun sorriso.
Bastaba con enviarlle unha mensaxe para pedirlle colaboración entre provincias, el sempre estaba, demostrando desta forma o seu compromiso cos seus compañeiros galegos.
Para o resto de provincias, Pablo era un exemplo de traballo, durante a súa presidencia, Novas Xeracións de Pontevedra renovouse con congresos e xestoras, fixo escolas de Formación, como a última delas en Lalín, na que se apostou polo papel do rural da comarca do Deza, diversos actos colaborando coas xuntas locais de novas xeracións pontevedresas e sobre todo se loitou e axudou aos veciños e electores en cada unha das eleccións que se celebraron.
O pasado domingo, Pablo, volveuno a facer, volveu a unir a todas as Novas Xeracións de Galicia e a todo o Partido Popular de Galicia, porque Pablo era así, humilde e traballador, pero sobre todo leal, as redes sociais enchéronse de pésame para os seus familiares e os seus afiliados, pero sobre todo se encheron de cariño hacia Pablo, porque Carollo como lle chamábamos gran parte de nós o merecía, pola súa sensatez e serenidade.
Pablo era como Eduardo Barreiros, humilde, traballador e sobre todo con principios, se algo poderei dicir algún día e que contei coa súa amizade e apoio, ademais de compartir comité de dirección autonómico con el, con Pablo Carollo Ramos.
Ata sempre Pablo, deixas un valeiro moi importante no noso partido, pero seguiremos facendo o que ti querías traballar, traballar e traballar...