A montaxe poderase ver o domingo no Auditorio de Ourense
23 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Día 27 • 18.00 e 20.00 horas • Auditorio de Ourense • 5 euros • A nova dramaturxia de Tito Asorey e Melania Cruz estrearase o vindeiro domingo no Auditorio de Ourense. «O empapelado amarelo, a quinta do cuadrante» é un monólogo protagonizado pola actriz Melania Cruz que toma como base o relato autobiográfico homónimo da escritora norteamericana Charlotte Perkins Gilman, un referente feminista de gran importancia na historia da literatura universal. A nova montaxe escénica dirixida por Asorey e protagonizada por Cruz «busca dialogar coas palabras da escritora desde a nosa contemporaneidade a través da palabra, o ritmo e as atmosferas visuais e sonoras nunha viaxe sensorial liberadora cara aos territorios da loucura e da lucidez».