Unha tese doutoral presentada en Compostela facía un repaso por tres séculos de escena teatral en Galicia
17 may 2019 . Actualizado a las 08:00 h.Unha tese doutoral presentada en Compostela facía un repaso por tres séculos de escena teatral en Galicia. O traballo fora desenvolvido polo investigador Henrique Rabunhal e centrábase no teatro na comunidade entre os anos 1671 e 1936. Sinalaba o xornalista Joel Gómez, á hora de realizar a información, que «a historia do teatro galego é expresión exacta da historia do país, da súa lingua e da súa cultura» e que para realizar o seu traballo Rabunhal tivo que estudar a decenas de autores e máis dun cento de obras. Entre outras cousas, destacaba o papel xogado polas Irmandades da Fala e os coros históricos no mundo da escena -nomeadamente a Coral de Ruada- e a importancia da Xeración Nós, cos traballos de Risco, o interese de Castelao e o papel de Otero Pedrayo con «A lagarada» e o seu «Teatro de máscaras». Tamén figuraba na tese o traballo de Blanco Amor.