Unha nova edición do Roteiro de Herbas Menciñeiras celebrarase hoxe ás oito da tarde no barrio do Polvorín
23 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Ángel Dorrío, técnico de Medio Ambiente de Amigos da Terra, guiará aos participantes no Roteiro das Herbas Menciñeiras.
-Este ano é a segunda edición do roteiro. Como nace a presente proposta?
-O principal motivo polo que se crea este roteiro é para dar a coñecer os diferentes tipos de plantas que nos podemos atopar na natureza.
-Quen organiza o roteiro?
-Dentro da programación de Veranearte están integrados unha serie de colectivos, como Escua (Espacio Cultural Aberto). As actividades que se organizan nese proxecto están dirixidas por diferentes asociacións. Unha delas é o roteiro das herbas menciñeiras, que o xestionamos nós dende Amigos da Terra.
-Hai unha necesidade por parte da sociedade en coñecer e recoñecer estas herbas?
-Dende sempre, nos pobos sempre houbo coñecemento tradicional dos usos prácticos das herbas de diferente tipoloxía que se podían usar para tratar as enfermidades. O certo é que na cidade era menos usual, pero nos pobos sempre houbo esa cultura.
-Que se poderá ver durante o percorrido?
-Vamos a ver herbas comúns que aparecen en calquera tipo de finca, horta ou nalgún camiño, como o son o ourego, tomillo, lavanda. É dicir, herbas aromáticas. Pero tamén as de tipoloxía menciñeira, como a caléndula, a ruda, ou mesmo dentes de león.
-Cales son as propiedades máis chamativas das plantas menciñeiras?
-Practicamente tódolos medicamentos que na actualidade se utilizan por parte das principais industrias químicas, os principios activos dende a antigüidade eran as herbas. Entón, o coñecemento tradicional e popular do uso das herbas tiña diferentes propiedades. Cada herba ten unha diferente que se emprega dende o neolítico, onde o coñecemento foi transmitido de xeración en xeración.
-Cantas persoas se espera que acudan ao roteiro?
-Eso non o sabemos, pois non é necesario preiscribirse. O ano pasado había unhas trinta persoas.
-Onde e a que hora é?
-Quedamos as 20.00 horas no barrio do Polvorín, xusto ao lado do parque onde hai máquinas de exercicio para os maiores. A duración será dende as oito até as nove ou nove e media, máis ou menos.