Cristina Pato organiza na universidade de Nova York unha mesa sobre as linguas minoritarias en España

La Voz OURENSE

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Será este xoves dentro das conferencias públicas que organiza a artista ourensá na cátedra que ocupa na institución académica

05 dic 2019 . Actualizado a las 09:14 h.

A artista ourensá Cristina Pato organiza este xoves na Universidade de Nova York unha mesa redonda sobre as linguas minoritarias en España. A Cátedra Xoán Carlos I, de cultura e civilización española, na New York University, que este ano ocupa Cristina Pato, organiza este 5 de decembro unha conferencia pública co título «Sociedades bilingües e sostibilidade: as outras linguas de España».Tres destacados editores peninsulares participarán no encontro. Trátase de Francisco Castro (Ed. Galaxia), Rosa Rey (Angle Ed. e Capital Books) e Lorea Aguirre (Jakin Magazine). Tamén haberá música e un recital poético en galego, euskera e catalán. A cita será ás 18.30 horas no auditorio da King Juan Carlos Center da Universidade de Nova York.