Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A voz femenina de Soleá Morente 

La Voz

OURENSE

Soleá Morente en el Principal
0 seconds of 57 secondsVolume 90%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
00:00
00:57
00:57
 
Miguel Villar

A artista e o grupo La Parody participaron nun concerto no Teatro Principal

06 mar 2020 . Actualizado a las 17:35 h.

O Concello de Ourense está a desenvolver un amplo programa de actividades vencellado coa celebración do Día Internacional da Muller. E entre as iniciativas incluiuse o concerto de Soleá Morente e La Parody no Teatro Principal, co formato xa coñecido de Voces Femeninas -en anos anteriores a actividade desenvolvíase en novembro-. A convocatoria encheu o espazo cultural da rúa da Paz nunha sesión protagonizada de forma destacada pola artista da familia Morente, que trouxo a Ourense un concerto a base das cancións que teñen marcado a súa traxectoria profesional e pezas do que será o seu novo traballo, que levará por título «Lo que te falta». A filla de Enrique Morente volverá á cidade nun par de semanas, xa que ten programada unha actuación no Café & Pop Torgal. O concerto no local da rúa Celso Emilio Ferreiro será o día 23 de marzo (a partir das 20.30 horas).