Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«Aguirre, ou a cólera de Deus», no ciclo do Padre Feijoo

La Voz

OURENSE

cedida

A película de Wener Herzog proxéctase en sesións de 17.00 e 20.00 horas

17 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Cineclub Padre Feijoo continúa coa programación especial do seu 50 aniversario. Para este martes está previsto o pase da película «Aguirre, ou a cólera de Deus», de Werner Herzog. Esta cinta, filmada en 1972, está ambientada en 1560 e conta a historia dunha tropa de conquistadores españois que descende da montaña en busca de El Dorado. Parte do equipo sepárase nos pantanos e constitúen unha expedición máis pequena, baixo o control de Pedro de Ursua e do seu segundo, Lope de Aguirre. Aguirre, aventureiro ambicioso e brutal, manipularao todo habilmente para proporlles aos seus compañeiros un novo xefe, Fernando de Guzmán.