O programa «Os nosos versos», impulsado polo Concello, comezou este xoves
12 mar 2021 . Actualizado a las 18:29 h.Co gaio do Día Internacional da Poesía, que se celebrará o próximo 21 de marzo, a Concellería de Educación de Ourense iniciou este xoves a actividade «Os nosos versos».
Trátase dunha iniciativa que busca achegar a poesía dalgúns membros da Xeración Nós e da poetista Xela Arias, —próxima homenaxeada no Día das Letras Galegas— a 268 alumnos de 4º de Educación Primaria de 8 centros educativos da cidade.
Este xoves, o concelleiro Armando Ojea asistiu á primeira destas sesións no CEIP As Mercedes. O programa rematará o próximo 18 de marzo.