Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Volven ao Otero Pedrayo pezas tratadas na Escola Superior de Restauración de Galicia

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

cedida

Un retrato de Paz Nóvoa e materiais do laboratorio do instituto foron os elementos restaurados

09 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O IES Otero Pedrayo de Ourense reincorporou nestes días catro pezas dos seus fondos que foron tratadas na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, centro oficial dependente da Xunta de Galicia e o único da comunidade que imparte o Grao en Conservación e Restauración de Bens Culturais. As obras que depositou o instituto na escola superior foron un óleo sobre lenzo -un retrato de Paz Nóvoa- e varios instrumentos históricos do laboratorio do centro: un espectroscopio, un refrixerador de sobremesa e un telégrafo. O cadro de Paz Nóvoa foi tratado polo alumnado da especialidade de Conservación e restauración de bens pictóricos. O traballo foi desenvolvido baixo a supervisión e dirección de Ana Villarquide, responsable da especialidade en pintura. E Cristina Montojo, da especialidade de escultura, foi a encargada de facelo no caso dos aparellos do laboratorio. Realizouse un estudo completo e promoveuse unha intervención específica para cada unha das pezas.

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia é o único centro da comunidade que imparte o Grao de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Foi creada en 1991 e é o segundo centro máis antigo do Estado; ademais de formar a profesionais colabora na conservación do patrimonio galego.