O Museo Etnográfico da Limia reabre as súas portas polo Día de Galicia

La Voz OURENSE

OURENSE

La Reitoral de Vilar de Santos fue rehabilitada para acoger el Museo Etnográfico da Limia
La Reitoral de Vilar de Santos fue rehabilitada para acoger el Museo Etnográfico da Limia MIGUEL VILLAR

O acceso ás instalacións custará dous euros por persoa e haberá descontos especiais para grupos

25 jul 2021 . Actualizado a las 12:25 h.

Despois de meses pechado a causa da situación sanitaria provocada polo covid-19, o Museo Etnográfico da Limia está, desde hoxe, novamente operativo. Coincidindo coa celebración do Día de Galicia, as súas portas volverán a estar abertas os sábados e domingos, en horario de 11.30 a 13.30, e de 17.30 a 19.30 horas. A entrada ó museo ten un prezo simbólico de dous euros por persoa.

As orixes do museo

O Museo Etnográfico da Limia inaugurouse no ano 1992 na Escola Unitaria de Vilar de Santos, cunha colección de pezas etnográficas recollidas na comarca por un grupo de profesores e alumnos do Instituto de Xinzo de Limia. Tempo despois, o Concello de Vilar de Santos consegue a cesión da Reitoral da parroquia para a súa rehabilitación, decidíndose dedicar este espazo á preservación da Memoria dos Limiaos.

A restauración da Reitoral, edificio que data do século XVIII e que, no seu momento, pertenceu á Orde de Santiago como hospital de peregrinos, respectou e aproveitou todos os elementos construtivos, a madeira, a pedra, a lareira, o patio, cos que contaba a casa nos seus orixes