164 entidades sumáronse a esta iniciativa cultural
24 ago 2021 . Actualizado a las 12:50 h.A comarca de Ourense acollerá ao longo do verán 72 espectáculos escénicos enmarcados no programa Cultura no Camiño, promovido pola Xunta en colaboración cos concellos. Haberá funcións nas áreas de Ourense, Allariz-Maceda, Terra de Caldelas e Terra de Celanova, cuxo calendario pode consultarse na web de Cultura. Nesta edición, o circuíto bate o seu récord de participación, con 164 entidades locais adheridas.
Cultura no Camiño é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Turismo de Galicia, co apoio de Gadis, que ten como obxectivo contribuír á descentralización da oferta cultural e ampliar as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo na Comunidade galega.
Para o desenvolvemento desta edición, a Xunta adxudicou un millón de euros en subvencións ás entidades locais que se sumaron ao circuíto, co que se cofinancia a contratación de máis de 240 formacións artísticas galegas no marco do Plan de reactivación cultural posto en marcha polo Goberno galego. Realizaranse arredor de 680 actuacións desde xullo a setembro.