Daniel Cortezón recibía o galardón por «A vila sulagada» na primeira edición
08 dic 2021 . Actualizado a las 05:00 h.Hai uns días que o Liceo de Ourense acollía a entrega do Premio Blanco Amor de Novela á escritora coruñesa Blanca Riestra. E tal día como hoxe, de hai 40 anos, La Voz de Galicia informaba do solemne acto de entrega do galardón correspondente á primeira edición.
Dende a delegación de Vigo se informaba que no restaurante Paxaro Pinto de Redondela se celebrara un solemne acto ao que asistiran representantes do mundo da cultura, a arte e a política. Naquela convocatoria inicial o Concello de Redondela foi o organizador e Daniel Cortezón o premiado polo seu orixinal «A vila sulagada». Lembrabase ao comezo da información que o Blanco Amor era o máis importante galardón novelístico que ata o daquela se entregaba en Galicia e que foran os concellos galegos os que decidiran crear o premio como desagravio á figura e á obra do escritor ourensán Eduardo Blanco Amor.
Aniversario de Quiroga
Compartía o escritor protagonismo con outro ourensán, xa que na páxina figuraba un extenso artigo de José María Díaz, canónigo-arquiveiro da catedral de Compostela, con motivo de cumprirse o décimo aniversario da morte de Quiroga Palacios.