
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou a construción, casa natal de Antón Losada Diéguez
11 dic 2021 . Actualizado a las 14:25 h.Os últimos traballos de rehabilitación do Pazo de Moldes, en Boborás, xa remataron. A casa natal do escritor Antón Losada Diéguez conta cun acceso renovado, logo de reconstruír un muro de mampostería nunha parcela lindeira. Tamén se rehabilitou a cubrición do soportal de entrada ao pazo, se reparou a lareira e se consolidou a estrutura do forxado da planta baixa. A reforma, posta en marcha pola Fundación Losada Diéguez, contou co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que achegou 47.000 euros.
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou este venres o pazo. «Este proxecto mellorará a experiencia de visita e reforzará a divulgación do legado do autor ourensán», apuntou.
En Trasalba por Otero Pedrayo
Ademais de visitar Boborás, o secretario xeral participou na casa grande de Trasalba, en Amoeiro, na xornada A obra de Otero Pedrayo e o seu estudo: un estado da cuestión. Trátase dunha iniciativa que contou coa reflexión de especialistas sobre o autor, que servirán de base para unha programación de actividades futuras, tanto de estudo como de difusión.