A iniciativa inclúe actividades para os máis pequenos
23 abr 2022 . Actualizado a las 08:10 h.O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense súmase este sábado á actividade cultural conmemorativa do Día do Libro. A súa aposta por esta efeméride inclúe un programa de actividades no que participarán de maneira activa un total de 24 escritores ourensáns e que inclúe actividades para os máis pequenos. O programa desenvolverase na segunda planta e comezará ás once e media cunha presentación. Ao longo da xornada e ata as nove da noite, os 24 autores ourensáns estarán promocionando ó público as súas publicacións e asinando dedicatorias.
A partir das 12.30 horas, desenvolverase unha exhibición de baile que contará coa actuación de quince grupos de alumnos da Escola de Danza Estilo Libre. Xa pola tarde, a partir das 16.30 horas, a escritora Marta Maceda Gil dirixirá un contacontos para nenos de entre 4 e 6 anos, que irá acompañado de mostras e ilustracións da historia infantil. O rematar a actividade, obsequiarase ós nenos cun set de pinturas e debuxos para colorear. Despois do contacontos, a escrito presentará a súa obra de literatura infantil Lisa Supersonrisa e Mika A Quejica. O programa de actividades para conmemorar o Día do Libro en Ponte Vella concluirá na planta baixa cun obradoiro infantil de escritura creativa en cuncas de cerámica, no que os nenos aprenderán a decorar cuncas con textos, citas e debuxos que levarán como agasallo.
Autores
A relación completa de autores ourensáns que participarán nesta actividade organizada polo centro comercial Ponte Vella de Ourense é a seguinte: Paco Ascón, Miguel Caride, Cristina Carro, Mónica de la Torre, José Ramón Fernández Morgade, Marcos Fernández, Ramón Fernández y Fernández, Armando González, Mario González, María Jesús González, Avelino Jácome, Juanjo Lamelas, Agustín Lorenzo, Marta Maceda, Miguel Ángel Martínez, Xerardo Méndez, Rubén Méndez, Javier Montes, Eugenio Moure, Eladio Rodríguez, Fernando Salinero, Marina Sánchez e Toño Guede.
Entre as obras que firman estes autores locais atópanse desde novelas satíricas ou de ficción hasta relatos infantís ou ensaios económicos e xurídicos e poesía. Desde Ponte Vella confían en que a actividade sirva para acercar a estes autores aos lectores, especialmente aos máis pequenos para os que se organizan accións específicas como contacontos ou obradoiros infantís.