Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Unha conferencia no Museo do Prado e unha mostra na Deputación lembrarán o legado de Ángela Santamarina

La Voz

OURENSE

Interior del  Santo Ángel, en O Couto.
Interior del Santo Ángel, en O Couto. miguel villar

O organismo provincial prepara unha exposición coa colaboración do catedrático de arte Jesús Ángel Sánchez García

18 oct 2022 . Actualizado a las 12:53 h.

Unha conferencia no Museo do Prado, que pronunciará esta tarde o catedrático de Arte Contemporáneo da Universidade de Santiago de Compostela Jesús Ángel Sánchez García, e unha exposición que están a preparar a Deputación de Ourense e a Fundación Santamarina-Temes servirán para lembrar a figura e o legado da coleccionista ourensá Ángela Santamarina (1863-1956).

No Museo do Prado desenvólvese o congreso «La visibilidad del coleccionismo privado: de la Ilustración a la Segunda República» e esta tarde, ás 16.30 horas, o catedrático Jesús Ángel Sánchez García pronunciará a conferencia que leva por título «Retrato estético de una coleccionista entre Argentina y París: Ángela Santamarina Alduncín (1863-1956) y su legado en Ourense». A ponencia do profesor da USC ten como obxectivo «esclarecer, en primeiro lugar, as conexións familiares e amizades que puideron influír nos gustos artísticos e coleccionismo de Ángela Santamarina. O papel dos seus irmáns en Arxentina, en especial José Santamarina, protector e amigo de artistas españois durante a súa etapa en París nos primeiros anos do século XX», tamén a influenza de amigos como o seu confesor, Antonio Rey Soto, ou o profesor de debuxo Jesús Soria.

O catedrático Jesús Ángel Sánchez García está implicado na exposición que sobre Ángela Santamarina está a preparar a Deputación. Neste proxecto, que se desenvolve en colaboración coa Fundación Santamarina-Temes, porase en valor a colección de case novecentas pezas do Asilo Santo Ángel.