Xinzo contará cunha mostra permanente sobre Carlos Casares

La Voz

OURENSE

A exposición creouse para o Centro José Ángel Valente
A exposición creouse para o Centro José Ángel Valente MIGUEL VILLAR

A exposición creada na celebración das Letras Galegas instalarase nunha casa da praza Maior

21 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

No ano das Letras Galegas no que a figura e a obra de Carlos Casares foi a protagonista o Cento Cultural José Ángel Valente de Ourense acollía a inauguración da mostra central do homenaxe ao escritor. Unha montaxe creada a pé feito para o Centro Valente que logo percorreu toda Galicia e que, finalmente, rematou gardada no baixo do Museo do Entroido de Galicia, na capital da Limia.

No futuro próximo a figura de Carlos Casares contará cun espazo propio na vila. A Deputación de Ourense levará a pleno a proposta de concesión dunha axuda de 60.000 euros para que o Concello de Xinzo merque unha casa destinada a acoller a mostra. «É un edificio que venden na Praza Maior e que pasará a ser o lugar donde se amosará a exposición que se creou no 2017», sinalou Xavier Casares, presidente da fundación do escritor.