Convocados os premios Blanco Amor, Rodolfo Prada e Estatuto de Autonomía

La Voz

OURENSE

Roberto Álvarez fue el último ganador del Blanco Amor de Novela
Roberto Álvarez fue el último ganador del Blanco Amor de Novela Alberte PAZ

O certame literario está dotado con 15.000 euros, unha escultura de Acisclo Manzano e a publicación da obra

21 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Ano 2023 • Diferentes dotacións e prazos • A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense acordou, na xuntanza deste luns, convocar tres dos premios que organiza a institución provincial. Son os mesmos o Blanco Amor de Novela, o Rodolfo Prada de Xestión Cultural e o certame de debuxo escolar e redacción sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia.

 O galardón que mantén viva a memoria do xornalista e escritor Eduardo Blanco Amor está aberto a persoas de calquera nacionalidade con obras escritas en galego segundo a normativa vixente. Está dotado con 15.000 euros, unha peza do escultor Acisclo Manzano e a públicación da obra escollida. O Rodolfo Prada está dirixido a persoas profesionais, afeccionados ou colectivos que desenvolvan actividades —tanto dentro como fóra de Galicia— con claras referencias á cultura galega. Está dotado con 10.000 euros, repartidos nas diferentes categorías. Este ano, como novidade, concederase a maiores un premio por provincia. Estará dotado con 1.000 euros. A convocatoria do Estatuto de Autonomía levará este ano como lema «Galicia, catro provincias». O prazo de entrega dos traballos rematará o 22 de marzo. A entrega dos premios será ao 11 de abril, por coincidir o día 6 coa Semana Santa.