Francisco Fernández Davila gaña o premio de novela curta Antón Risco

La Voz OURENSE

OURENSE

Foto de archivo de Francisco Javier Fernández Davila cuando en el 2017 recogió el premio de novela por entregas de La Voz de Galicia.
Foto de archivo de Francisco Javier Fernández Davila cuando en el 2017 recogió el premio de novela por entregas de La Voz de Galicia. VÍTOR MEJUTO

O autor de «Primavera. A camareira, o cuarto e o libro de poemas» levou no 2017 o premio de novela por entregas de La Voz de Galicia

21 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O premio de novela curta Antón Risco 2023 xa ten gañador. O xurado reunido onte na sede da Fundación Vicente Risco, en Allariz, elixiu Primavera. A camareira, o cuarto e o libro de poemas como obra gañadora. O autor é Fran Fernández Davila (Vigo, 1974). O autor recibirá 3.000 euros polo premio, ademais de ver a novela publicada polo selo editorial Doutor Alveiros.

O xurado estivo composto por María Asunción Caneda Cabrera, María Xosé Fernández Casas, Francisco Javier Fontenla García, Luis González Tosar e César Lorenzo Gil. Actuou como secretaria sen voz e sen voto Ana Gloria Rodríguez Alonso. Salientaron o lirismo, ritmo e musicalidade da súa prosa, así como a curiosidade que suscita en quen a le. «A obra amosa unha gran sensibilidade tanto no relativo á situación social que reflicte coma cara á literatura como elemento curativo. Asemade os personaxes están ben perfilados, especialmente a protagonista», din desde o xurado.

Fernández Davila leva varios premios no seu palmarés. Recentemente gañou o certame literario Rosalía de Castro do Concello de Padrón. Con anterioridade tamén obtivo, entre outros, o certame de novela por entregas de La Voz de Galicia, no ano 2017.

A súa última novela publicada foi O bosque do duque (Galaxia, 2022).