![Diego Fernández, César Fernández e Carlos Ledo presentaron o Fetega](https://img.lavdg.com/sc/Vzg9r7c9eOIiagiVeAUHxrzwjQk=/480x/2023/11/28/00121701186961826400993/Foto/ON29C6F7_165449.jpg)
O Carballiño recupera a iniciativa, que se celebra normalmente en setembro, co apoio da Deputación
29 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Do 13 ao 16 de decembro • Auditorio Manuel María • 8 euros (20 euros o bono para tres obras) • O Carballiño • A vila carballiñesa deixou sen celebrar este ano os seus certames audiovisuais e de teatro. As Xociviga non se chegaron a convocar nos meses de xullo-agosto, na súa queda acostumada, e o Festival de Teatro Galego non se desenvolveu en setembro, como era dende hai máis de tres décadas.
O Concello do Carballiño xa anunciou que se celebraran as primeiras nos últimos días de decembro e este luns presentouse na Deputación de Ourense o Fetega. A institución provincial colaborará na organización para que non se perda a convocatoria deste ano.
O festival desenvolverase do 13 ao 16 de decembro. Na primeira xornada poderase ver o espectáculo infantil «Antón, un neno diferente» —ás once e media da mañá—. O día 14, ás oito e media da tarde, Redrum Teatro representará «O pequeno poni». Teatro do Noroeste porá en escena «As damas de Ferrol» o día 15 —á mesma hora— e Malasombra clausurará o Fetega 2023 co seu espectáculo «Testosterona». As entradas para o festival xa están á venda.
A programación do Fetega 2023 foi presentada nun acto no que participaron o concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández; o deputado provincial de Cultura, César Fernández Gil; e o director do festival, Carlos Ledo.