A socialista insiste en que Rueda é gris e «estivo ausente» da provincia
14 feb 2024 . Actualizado a las 09:08 h.Dacosta aspira a levar á Xunta medidas como as de Pedro Sánchez no Estado. «A suba do salario mínimo en Ourense incidiu dunha maneira moi clara nesta provincia, como a chegada do AVE, como as pensións... Iso a xente teno que saber. Esta campaña o que nos impulsa é a contrastar medidas. Touriño cría no reequilibrio territorial, Besteiro cre. Vén dunha provincia moi semellante, como Lugo, e sabe que hai que investir xa nos primeiros orzamentos o dobre por habitante nestas dúas provincias».
—Teme que os votos a outras formacións de esquerda como Podemos e Sumar, con menos posibilidades de obter deputado, resten representación ao PSOE?
—Creo que non. Nestas eleccións a xente está bastante concienciada de que Rueda ten que deixar de ser presidente. O PP xa esgotou o crédito que podía ter ata este momento e creo que a xente vai apostar por un voto de liderado. E o liderado está en Xosé Ramón Gómez Besteiro, cun fío directo co presidente do Goberno, iso é obvio. El é capaz de levantar o teléfono e ter resposta de ministros e do propio Pedro Sánchez para que Ourense sexa o que ten que ser
—E Jácome, preocúpalle?
—O primeiro é que non se presenta Jácome, e iso hai que dicilo. Quen se presenta é Armando Ojea. En todo caso, PP e Jácome fixeron un tándem que levou a Ourense a esta situación crítica.
—Se é chave, como el pretende, cre que o PSdeG debería sentarse a negociar con el?
—Non vai ser necesario. Eu estou con moita ilusión, de verdade. Creo que esta campaña é decisiva e non vai ser necesario. De todos os xeitos, eu son a candidata número un por Ourense, non son a secretaria xeral do PSdeG. Pero non vai haber nada que falar, esa é a miña opinión, porque non vai ser necesario.