Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Diego Ameixeiras presenta a súa primeira novela gráfica

La Voz

OURENSE

Diego Ameixeiras, con Ledicia Costas e Manuel Jabois, na Feira do libro de Vilagarcía
Diego Ameixeiras, con Ledicia Costas e Manuel Jabois, na Feira do libro de Vilagarcía MONICA IRAGO

O guionista e o ilustrador Tomás Guerrero son os autores de «Os suicidantes»

29 feb 2024 . Actualizado a las 18:03 h.

O ourensán Diego Ameixeiras volve a casa para presentar un novo proxecto editorial: a novela gráfica «Os suicidantes», da que é autor xunto ao ilustrador Tomás Guerrero. Como bo ourensán Ameixeiras naceu en Suíza, cando os seus pais estaban na emigración en Lausana. A cita é este venres no Sindicato del Cómic, ás sete da tarde.

Escritor, xornalista e guionista, o autor é colaborador de «La Voz de Galicia» e «O salto». Ameixeiras comezou a súa carreira literaria con «Baixo mínimos» (2004) e ten publicada toda a súa obra con Xerais. Entre outros ten sido recoñecido cos premios Xerais de Novela, Especial da Dirección da Semana Negra de Xixón, Irmandade do Libro, Novela por entregas de La Voz de Galicia, Losada Diéguez e Premio Nacional da Crítica. «Un anarquista» (2024) é a súa última obra e «Os suicidantes» (2023) a súa primeira novela gráfica como guionista.