O Ribeiro promociona o novo traballo de Xabier Díaz

La Voz

OURENSE

Degustación de Ribeiro antes do concerto do auditorio Mar de Vigo
Degustación de Ribeiro antes do concerto do auditorio Mar de Vigo Cedida

O viño ourensán pode degustarse antes dos concertos de «Axúdame a sentir», o seu novo disco

13 mar 2024 . Actualizado a las 18:50 h.

Xabier Díaz volve de novo cunha proposta musical xunto a Adufeiras do Salitre. «Axúdame a sentir» é o título deste novo traballo que toma o nome da expresión que ao artista lle dicía a súa avoa materna Obdulia.

Díaz considera que nos tempos que corren faise cada día máis necesario sentir e que a filosofía da súa avoa —«unha de tantas catedráticas sen título nesa célebre universidade da vida»— é máis necesaria que nunca nestes momentos nos que medra o binomio virtual-máquina. O Consello Regulador do Ribeiro colabora co proxecto promocionando o traballo de Xabier Díaz nos concertos de Galicia. Como xa se fixera no caso da película «Cuñados». O Ribeiro creou unha contraetiqueta para o ocasión, co título do disco, e o viño ourensán pódese degustar antes dos concertos de Díaz e Adufeiras do Salitre.

Día 22 • 20.00 horas • Teatro Principal • 19 euros •