Cumio Editorial achega a Blanco Amor aos rapaces

La Voz

OURENSE

Cunqueiro e Blanco Amor, a finais dos anos 60 en Ourense.
Cunqueiro e Blanco Amor, a finais dos anos 60 en Ourense.

Éric Dopazo asina o texto e Bea Gregores as ilustracións da obra sobre o escritor e xornalista

02 abr 2024 . Actualizado a las 14:08 h.

A figura e a obra de Eduardo Blanco Amor é obxecto dun novo proxecto editorial. Desta volta nunha colección de literatura infantil.

Cumio Editorial publicou a obra «Eduardo Blanco Amor», con texto de Éric Dopazo e ilustracións de Bea Gregores. O volume conta con edición en galego e castelán. O libro está incluido na colección Minividas, que conta «en palabras e imaxes, a vida de artistas singulares da nosa cultura». Na mesma figuran obras dedicadas a Rosalía de Castro, Luís Seoane e a Luísa Villalta, a escritora que protagoniza este ano o Día das Letras Galegas. Minividas está dirixido a un público infantil, de 7 a 9 anos, e na obra sobre Blanco Amor a editorial propón unha pequena homenaxe da man de Éric Dopazo a «un autor inolvidable que deixou unha profunda pegada nas nosas letras».