Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Trinta e cinco obras optan aos premios Losada Diéguez

La Voz

OURENSE

Entrega dos premios Losada Diéguez do ano 2022
Entrega dos premios Losada Diéguez do ano 2022 cedida

O xurado escollerá os galardoados nos dous apartados a concurso o día 20 de abril

07 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 20 • Concello de Boborás • No salón de plenos da casa consistorial de Boborás xuntaranse o día 20 os membros do xurado encargado de conceder os premios Antón Losada Diéguez. O galardón está promovido polos concellos de O Carballiño e Boborás, contando co apoio da Deputación de Ourense.

 

Nesta edición son en total trinta e cinco as obras que concurriron aos dous apartados do premio: Ensaio e investigación e Creación Literaria. Dezanove son os libros no apartado literario e figuran autores como Ismael Ramos, Manuel Veiga, Fina Casalderrey, Chus Pato, Ana Cabaleiro, Antón Riveiro Coello ou Azantza Portabales, entre outros. Na categoría de Ensaio e Investigación hai obras de Rebeca Baceiredo, Francisco Calo Lourido, Eduardo López Pereira, Ramón Villares e Iria Morgade, entre outros.