
O Museo da Limia reivindica que se lle adique o Día das Letras Galegas
11 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O padroado do Museo da Limia convoca un certame literario para conmemorar o vinte aniversario do pasamento de Antón Tovar e seguir reivindicando que a Real Academia Gallega lle dedique o Día das Letras. Cada autor pode presentar un máximo de dúas obras, que deberán ser creacións orixinais e inéditas escritas en galego, en prosa ou en verso, cunha extensión máxima de 400 palabras ou 30 versos. A temática glosará algún aspecto da obra ou da persoa do escritor e a súa relación co territorio da Limia. O prazo de presentación de traballos está aberto ata o 20 de maio. O 4 de xuño saberase o gañador.