Laura López Drusetta gaña o Vicente Risco de novela curta con «Todo pasa»

La Voz

OURENSE

Sede Fundación Vicente Risco en Allariz.
Sede Fundación Vicente Risco en Allariz. Santi M. Amil

O xurado do premio destacou que narra unha trama histórica motivadora

13 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Laura López Drusetta acadou o Premio Vicente Risco de Novela Curta 2024, coa súa obra Todo pasa.  O xurado do premio -composto por Serafín Alonso Pintos, Luis González Tosar e Cándida Prieto Alonso -estes dous con voto delegado- Xosefa Salgado e Jorge Temes reuniuse para fallalo o pasado sábado 11 de maio na sede da Fundación Vicente Risco, en Allariz.

Logo da deliberación, o xurado acordou conceder o premio deste 2024 a novela de Laura López. O galardón ten unha dotación económica de tres mil euros e inclúe a publicación na editorial Doutor Alveiros. Desta novela destácase que se trata dunha «trama histórica motivadora que mestura o presente e o pasado con protagonismo dunhas personaxes femininas que defenden o seu».