Por toda a provincia se desenvolven as actividades para lembrar as Letras Galegas
16 may 2024 . Actualizado a las 19:00 h.As celebracións do Día das Letras Galegas xa van protagonizando as convocatorias da semana, coa cita destacada o propio 17 de Maio en Vilanova dos Infantes no caso da provincia de Ourense. Entre outras están xa confrmadas as seguintes.
Concerto e selo
Hoxe e mañá • Liceo de Ourense • Para esta tarde (20.30 horas) está programado na sociedade cultural da cidade un concerto no que participarán Álvaro Sieira, José Luis Troitiña e Emilio Rúa. O xoves (20.00 horas) a Sociedade Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño inaugurará a exposición «Letras Galegas 2024», que inclúe un selo dedicado a Luísa Villalta.
Recital
Hoxe • 11.00 • Praza Maior de Xinzo • O alumnado do IES Lagoa de Antela abre a programación de Xinzo cunha actividade para dar a coñecer a vida e obra da homenaxeada. Recitarán a súa poesía e mostrarán imaxes xigantes da escritora.
Conversa no Campus
Día 16 • 12.30 horas • Facultade de Educación e Traballo Social • Montse Dopico e Isabel Mociño protagonizarán a conversa das Letras Galegas. Tamén se procederá á entrega dos premios de relato curto, poesía e tradución deste ano e haberá a proxección do vídeo «Variacións sobre a obra de Luísa Villalta».
Foliada e xantar
Día 17 • 14.30 • Parque dos Carrís de Barbadás • O Concello organiza por terceiro ano a Foliada das Letras Galegas coa actuación dunha decena de agrupacións musicais seguida dun xantar popular. Ademais, instalaranse postos de artesanía.
Documental e lectura
Día 17 • 12.30 • Concello de Maceda • Proxectarán o documental Luisa Villalta, a rebelión da palabra e haberá unha lectura pública de declaración a prol da normalización de lingua.
Música e concurso
Hoxe • 19.30 horas • O Barco • Xoán Curiel ofrece o espectáculo «Cantando as nosas letras» na biblioteca municipal ás 19.00 horas.
Ata o día 31 • Os estudantes do Barco e Rubiá están invitados a participar na busca de fotografías con versos de Luisa Villalta que estarán colocados nos escaparates do centro comercial aberto barquense. Quen os atope todos poderá participar en varios sorteos. O luns instalarase unha exposición no Malecón resaltando a vida e a obra da protagonista do Día das Letras.
Concertos
Hoxe e o 17 • O Carballiño • No Auditorio hai esta tarde unha audición de violín (18.00 horas) e o 17 (a partir das 19.00 horas) actuará a banda de gaitas Os Catro Ventos polas rúas da vila. Na Adega de Flores haberá concerto do grupo Cana Verde (a partir das 23.00 horas).