Sarabela Teatro estrea unha obra para desmontar os falsos mitos do amor romántico

La Voz OURENSE

OURENSE

Presentación en Ourense de la nueva obra de Sarabela Teatro
Presentación en Ourense de la nueva obra de Sarabela Teatro CEDIDA

A produción poderase ver no Teatro Principal de Ourense o 19 de setembro

11 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A compañía galega Sarabela Teatro está de estrea. O próximo xoves, 19 de setembro, ás 21.00 horas —está fixado un pase escolar para o día anterior— presenta sobre o escenario do Teatro Principal de Ourense «A cincenta que non quería comer perdices». Trátase dunha adaptación dirixida por Fina Calleja sobre a historia escrita por Nunila López Salamero. A obra fala dunha moza perdida que pretende desmontar os falsos mitos aoredor do amor romántico, así como de tantas princesas liberadas por príncipes azuis que, en demasiados casos, saen ras. Esta peza pon en cuestión o papel que xogaron na historia os contos de fadas nos que se acaba por promover o rol das nenas como entes pasivos agarando a que lles pidan a man. «É un alegato que defende a liberdade a liberdade de ser quen unha queira ser e como unha queira ser», explicou Fina Calleja durante a presentación da obra en Ourense.

A obra está pensada para nenos a partir de once anos. Os que acudan ao Teatro Principal verán sobre o escenario a Elena Seijo, Fernando Dacosta e Sabela Gago. A produción conta co apoio da Xunta e a Deputación de Ourense.