Polémica que non é tal cun mural en Quintela de Leirado

La Voz

OURENSE

En la imagen se ve la posición de los tres contenedores que tapan parcialmente un mural de Xulio Fontes en Forxán (Quintela de Leirado) y el terreno próximo donde se podrían reubicar.
En la imagen se ve la posición de los tres contenedores que tapan parcialmente un mural de Xulio Fontes en Forxán (Quintela de Leirado) y el terreno próximo donde se podrían reubicar. cedida

Os veciños de Forxán apoian o traballo do pintor, pero pensan que os contenedores de lixo non se deben desprazar lonxe de onde están

03 oct 2024 . Actualizado a las 17:48 h.

Apareceu no xornal unha nota sobre unha polémica que non é tal porque se está tapando cuns contedores un mural pintado por Xulio Fontes na aldea de Forxán. Ninguén deixou de apoiar nunca a este pintor, que ten feito cousas moi chulas; ninguén estaba en desacordo con el, ao contrario. Dito iso, eses contedores levan aí desde sempre e se se poñen noutro sitio, ou ben non pasarían a recoller o lixo —é un pobo pequeno, estreito, e xa non pasan cun camión senón cunha furgoneta pequena— ou ben xente moi maior ou familias con nenos teríanse que desprazar lonxe para botar o lixo. A este señor comentámoslle que hai unha solución, pois unha veciña está disposta a ceder un terreo na mesma rúa, a escasos metros, para colocar alí os contedores. Só temos que arranxar o espazo entre os veciños e quedaría feito nun día, pero parece que non queren atender a razóns. Non sei que pensarán no Concello destas queixas e críticas, pois alí lle deron as pinturas e tamén se lle facilitaron os lugares para pintar. un veciño de quintela de leirado.