A revista ourensá homenaxea este ano a Labra e organiza tres concertos no Auriense
23 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Días 25 e 26 • Ourense • A web especializada en música Canedo Rock festexa esta fin de semana un novo aniversario, e xa van 21. Nesta ocasión o equipo da revista «online» renderá homenaxe a Labra, programador de concertos, divulgador cultural e propietario do bar Rock Club. Será o venres pola noite, ás nove, no Liceo. A entrada é gratuíta e actuarán Hermanos Walker.
O sábado haberá festa durante todo o día no Auriense. Na sesión vermú, a partir das 12.30 horas, estará o grupo Besbellos en concerto de balde. Xa pola tarde, a partir das oito e media, tocaralle a quenda a dúas bandas de rock. Sr. Salvaje daralle duro ás guitarras, mentres Raiade fará gritar aos presentes coas súas letras en galego. O prezo da entrada é de dez euros.