O acto de entrega celebrouse onte no castelo de O Bolo por primeira vez
27 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O premio de poesía Florencio Delgado Gurriarán foi para Aleixandre Lago Barcala. O escritor fíxose co quinto galardón pola súa obra Meditación sobre Patinir. O acto celebrouse onte no castelo de O Bolo por primeira vez, nunha estratexia da fundación por mostrar a diversidade artística da comarca.
O poeta nacido en A Coruña en 1992 gañou o galardón fronte a outros dous escritores dos anos 90, Daniel Barral e Benjamín Vidal. O xurado valorou que se trata dun gran poema, tanto a nivel estético como formal, polo ton épico da linguaxe poética, cun forte poder de evocación da paraxe pictórica. Lago Barcala cursou estudos de Filosofía e Filoloxía clásica e colaborou como tradutor na compañía Teatro do Atlántico. Foi finalista e gañador noutros premios de poesía de Galicia e publicou o libro Cartafol de Miraxes.
A gala comezou onte no Museo Yosso cun recorrido polos seus cadros da man da súa irmá, Marina Porto e do presidente de Instituto de Estudos Valdeorreses, Aurelio B. Trincado. Despois, o evento trasladouse ao castelo. A fundación quixo tender pontes entre diferentes expresións artísticas e territorios. A directora, Débora Álvarez, defendeu a aposta pola lingua e a cultura «como ferramentas para cultivar a nosa autoestima e nos proxecte cara o exterior». O evento contou ca presenza de representantes municipais, provinciais e autonómicos.