A profesional foi destacada nun acto en Xinzo de Limia
23 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Pilar Cernuda recolleu en Xinzo o premio Carlos Casares de Xornalismo 2024. O xurado quixo recoñecer a súa extensa traxectoria profesional e o seu compromiso coa divulgación. «Este galardón é un tributo á palabra, que forma parte da nosa identidade colectiva, e á figura de Carlos Casares, cuxa obra segue inspirando novas xeracións», dixo o alcalde, Amador Díaz, na gala de entrega, celebrada no Casino Antelano. O presidente de Deputación, Luis Menor, calificou a Cernuda de «parte fundamental da historia xornalística e da política da España dos últimos 50 anos». Lembrou que foi unha das xornalistas pioneiras da democracia.
Ao evento acudiron tamén o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; Manuel Pardo, delegado da Xunta en Ourense; Carlos Gómez, concelleiro de Cultura; e Xabier Casares, presidente da Fundación Carlos Casares. Tamén estiveron presentes os premiados nas dúas edicións anteriores, Alfonso Vázquez-Monxardín e Antonio Piñeiro, quen acompañaron á homenaxeada nunha velada marcada polo recoñecemento ao xornalismo literario.