Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Paula Quintas trae á cidade as «Multiperspectivas #3»

La Voz

OURENSE

Paula Quintas chega co seu espectáculo ao Teatro Principal
Paula Quintas chega co seu espectáculo ao Teatro Principal ANA GARCIA

A compañía da ourensá ofrece esta tarde o seu espectáculo no Teatro Principal

31 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 horas • Teatro Principal • 6 euros • Paula Quintas (Ourense, 1983) é bailarina, artista circense, coreógrafa e xestora cultural. Fixo un mestrado na Universidade Rey Juan Carlos e investiga os límites e a confluencia das artes corporais dentro dun programa de doutorado en creación e investigación en arte contemporánea da Universidade de Vigo. Cun amplo currículo profesional foi —entre outras cousas— codirectora do festival Corpo(a)Terra, experiencia xerada e desenvolvida en Ourense, entre os anos 2013 e 2021.

Coa Paula Quintas Compañía chega esta tarde ao escenario do Teatro Principal coa súa montaxe «Multiperspectivas #3». O proxecto comezou na Rey Juan Carlos, a modo de traballo de investigación, e esta terceira entrega parte da perspectiva do espectador como reflexión contemporánea. No seu novo espectáculo mestura improvisación teatral, danza, circo e performance, deixando espazo para a interacción co público.